Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Tuesday, May 21 and Tuesday, June 04.
You will receive it anywhere in United States between 1 and 3 business days after shipment.
A Orde do dia (Gallego) (in Galician)
Éric Vuillard
Synopsis "A Orde do dia (Gallego) (in Galician)"
A medio camiño entre a ficción e o relato histórico, “A orde do día” ten como trasfondo a anexión alemana de Austria -Anschluss- en 1938 e a Segunda Guerra Mundial, coa chegada previa de Adolf Hitler ao poder cinco anos antes e o apoio dos potentes industriais alemáns á maquinaria de guerra nazi. A acción remóntase a unha fría mañá de febreiro de 1933, nos primeiros compases do Terceiro Reich, cando Hitler se erixe en primeiro canciller alemán e -canda Hermann Göring, destacado membro do Partido Nazi- se reúne en secreto no Reichtag, a sede do parlamento alemán, con 24 directivos de empresas como Krupp, Opel, Siemens, Telefunken, Bayer ou Allianz para pedirlles que apoien economicamente a campaña do nacionalsocialismo de cara ás eleccións lexislativas que se celebrarían en marzo. A cambio da axuda para facerse co absoluto control do goberno, ofréceselles orde, traballo, represión sindical e enormes beneficios económicos. Ningún deles rexeita a proposta.