Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Friday, May 17 and Friday, May 31.
You will receive it anywhere in United States between 1 and 3 business days after shipment.
Los Verbos Franceses Conjugados (Vox - Lengua Francesa - Diccionarios Generales) (in Español, Francés)
Varios Autores
Synopsis "Los Verbos Franceses Conjugados (Vox - Lengua Francesa - Diccionarios Generales) (in Español, Francés)"
un manual elaborado dende a idea de que é necesario ofrecer unha ferramenta educativa útil para profesores e alumnos que, ademais de cumprir rigorosamente cos contidos curriculares esenciais, sirva tamén para fomentar o interese e a curiosidade pola lingua nosa, pola nosa literatura, e, por extensión, que contribúa a avivar o interese polo mundo contemporáneo. o proxecto da editorial galaxia parte do convencemento de que a lingua galega debe ser un vehículo de recoñecemento e de descuberta da realidade, unha fiestra aberta para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. a lingua entendida como un vehículo de comunicación e como unha ferramenta de coñecemento.ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura, o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades estimulantes, para facer deste manual un material motivador e doado de manexar.todas as unidades didácticas preséntanse, tanto nos apartados de lingua como nos de literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados.para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha ampla batería de exercicios prácticos moi dinámicos, que pretenden fomentar a creatividade e estimular a capacidade crítica do alumnado.sabendo que os coñecementos de lingua e de literatura son importantes, este libro de texto non pode deixar sen tratar os grandes asuntos e os grandes retos da sociedade do século xxi: os valores democráticos e de convivencia, o respecto á diversidade, a igualdade de sexos,a reafirmación da personalidade e do espírito crítico, a comprensión dos cambios e as transformacións sociais, a tolerancia, a afirmación da identidade sen renunciar á universalidade, a iniciativa emprendedora, a solidariedade, etc. todas estas son cuestións de máximo interese eabórdanse dun xeito transversal, pero constante ao longo das lecturas, exemplos, contidos teóricos, xogos e exercicios.neste sentido é importante destacar o apartado que pecha as distintas unidades, sarillos edescubertas, onde se suxiren traballos de investigación, propostas dedebate, investigacións na rede, etc., actividades coas que poderán profundar no traballado así como demostrar o talento que atesouran os estudantes de galicia.as unidades de literatura ofrecen ademais unha liña do tempo para explicar a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así como aos grandes acontecementos da historia mundial. en definitiva, unha viaxe no tempo e cara ao futuro.2 -