Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Monday, May 13 and Monday, May 27.
You will receive it anywhere in United States between 1 and 3 business days after shipment.
Nova Nursia (in Galician)
Héctor Cajaraville
Synopsis "Nova Nursia (in Galician)"
" Nova Nursia " é a aventura de Frei Rosendo Salvado, un home que fixo da entrega aos demais o seu modo de entender a vida e que nos legou unha das biografías máis fascinantes da nosa historia.Rosendo Salvado Rotea (1814-1900), fillo dunha das familias máis poderosas de Tui, renunciou a unha vida de riqueza e comodidades para seguir a carreira eclesiástica e marchar de misioneiro a Australia, un territorio practicamente inexplorado naquela altura.
Frei Rosendo Salvado, como asinou sempre malia ostentar os títulos de padre, abade e bispo, fundou a maior misión católica do continente australiano, Nova Nursia. Pero o obxectivo evanxélico inicial axiña foi substituído pola defensa dos aborixes, marxinados e abocados á extinción por unhas leis que nin sequera lles outorgaban a condición de seres humanos.No máis de medio século de labor misioneiro de Salvado sucedéronse as interminables viaxes entre Europa e Australia, as conspiracións e as traizóns, as tentacións do luxo e o poder, os transos de perigo mortal, os logros que abraiaron o mundo e a obrigada volta a empezar tras os fracasos, sempre coa dúbida sobre o sentido e a continuidade do seu formidable proxecto." Nova Nursia" é a aventura dun home que fixo da entrega aos demais o seu modo de entender a vida e que nos legou unha das biografías mái...