Libros importados hasta 50% OFF + Envío Gratis a todo USA  ¡Ver más!

menu

0
  • argentina
  • chile
  • colombia
  • españa
  • méxico
  • perú
  • estados unidos
  • internacional
portada O Amor que eu Levei a Santiago. Roteiro da Lírica Medieval Galego-Portuguesa (in Galician)

O Amor que eu Levei a Santiago. Roteiro da Lírica Medieval Galego-Portuguesa (in Galician)

Yara Frateschi Vieira (Author) · María Isabel Morán Cabanas (Author) · José Antonio Souto Cabo (Author) · Editorial Toxosoutos · Hardcover

O Amor que eu Levei a Santiago. Roteiro da Lírica Medieval Galego-Portuguesa (in Galician) - Yara Frateschi Vieira,María Isabel Morán Cabanas,José Antonio Souto Cabo

New Book

$ 18.90

$ 37.79

You save: $ 18.90

50% discount
  • Condition: New
Origin: Spain (Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Monday, May 20 and Monday, June 03.
You will receive it anywhere in United States between 1 and 3 business days after shipment.

Synopsis "O Amor que eu Levei a Santiago. Roteiro da Lírica Medieval Galego-Portuguesa (in Galician)"

Nos séculos XII e XIII, era determinante o papel de Santiago de Compostela como centro relixioso, político e cultural, funcionando a cidade non só como polo de atracción para as correntes intelectuais e artísticas prevalecentes na Europa, mais tamén como punto de difusión desas mesmas tendencias ou doutras que alí terían encontrado o seu berce. Non é de estrañar que unha boa parte dos trobadores cuxa produción se encontra recollida nos Cancioneiros galego-portugueses estea, dalgunha forma, con ela relacionada. Así, os trobadores máis antigos, unidos entre si por lazos familiares ou por nexos sociais vinculativos, que os caracterizan como un grupo fortemente cohesionado e solidario, remiten a liñaxes poderosas no contexto galego da época: entre elas, ten papel preponderante a estirpe dos Traba, mais hai outras igualmente importantes que lle están asociadas, como os Vélaz, Limia, Celanova-Toroño, Cabrera e Urgell. Con ramificacións e alianzas que se estenden aos outros reinos da Península, esas familias ligábanse intimamente tamén aos círculos do poder real e eclesiástico, con presenza marcante inclusive na comunidade relixiosa do arcebispado de Santiago. Os Cancioneiros rexistran as composicións doutros trobadores pertencentes a liñaxes nobres con propiedades fóra da terra de Santiago, mais que, en gran parte, posuían casas en Compostela, que servirían, dada a importancia política e cultural da cidade, como centro aglutinador para as suas respectivas cortes. En fase mais avanzada, quando xa se implantara o modelo transpirenaico e tiñan cristalizado os trazos que irían demarcar a lírica galego-portuguesa, organizáronse certas compilacións de cantigas, posteriormente integradas nos Cancioneiros xerais, cuxos autores eran clérigos ou xograis galegos, respectivamente. O roteiro que presentamos está dirixido en principio ao visitante non especialista. Dividimos os trobadores en dous grupos: o primeiro é constituído por autores que fan algunha mención a Santiago de Compostela na sua produción; o segundo inclúe trobadores que se ligan a esta área xeográfica por documentación histórico-biográfica, ainda que non fagan directamente referencia a esta nas súas cantigas.

Customers reviews

More customer reviews
  • 0% (0)
  • 0% (0)
  • 0% (0)
  • 0% (0)
  • 0% (0)

Frequently Asked Questions about the Book

All books in our catalog are Original.
The book is written in Galician.
The binding of this edition is Hardcover.

Questions and Answers about the Book

Do you have a question about the book? Login to be able to add your own question.

Opinions about Bookdelivery

More customer reviews