Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Monday, July 01 and Monday, July 15.
You will receive it anywhere in United States between 1 and 3 business days after shipment.
O Labor Lírico do Ilustrado Cura de Fruíme (Ensaio) (in Galician)
Xulio FernÁNdez E Pardo De Neyra
Synopsis "O Labor Lírico do Ilustrado Cura de Fruíme (Ensaio) (in Galician)"
Diego Antonio de Zernadas, coñecido como o cura de Fruíme, é unha das figuras máis senlleiras da literatura galega do Barroco. Ben como ilustrado, ben como literato, a súa maior importancia reside no feito de ser o máximo cultivador do galego durante os séculos escuros. Cando Galiza vivía un momento crítico que fendía as súas bases económico-sociais, no que era unha continuación da onda de descrédito á que estaba a ser sometida dende a instauración da dinastía dos Trastamara, o nome de Zernadas y Castro situouse como un dos intelectuais galegos máis preocupados por denunciar a situación. Nesta obra non só se dá conta do perfil da realidade galega do século XVIII, senón que ademais, por vez primeira e baixo unha detida análise filolóxica, preséntase o corpo completo da obra galega do cura de Fruíme. Francisco Fernández del Riego sinala no prólogo que “o libro de Pardo de Neyra (...) é un libro ilustrativo, mesmo aleccionador. Porque explica as características dunha época, e analiza unha obra significativa. Enxertado nun tempo no que se ergue a voz dos “Ilustrados” galegos, dá a verdadeira medida doutra voz que se valeu do idioma propio para defender os valores do país. A análise realizada nas súas páxinas polo autor, é unha análise comprida, evidentemente proveitosa para os que se interesen pola figura precursora nelas estudiada”