Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Monday, June 17 and Monday, July 01.
You will receive it anywhere in United States between 1 and 3 business days after shipment.
Por Tobos e Tobeiras (in Galician)
MarkÉTa ŠPačkovÁ
Synopsis "Por Tobos e Tobeiras (in Galician)"
Sabías que o raposo é un desastre, mentres que o teixugo é moi limpo e ata ten o seu propio baño? E que estes son os dous veciños que a miúdo comparten un tobo? Paréceche difícil de crer? Ven con nós botar unha ollada ao interior das cámaras misteriosas que se atopan ao pé de tocos e árbores caídas. Abriremos camiños subterráneos para visitar felices familias de coellos, veremos se cadra osos a durmir nas súas camas ou algúns armiños falcatrueiros. Esta enciclopedia de fermosas ilustracións que forma parte do libro ensinarache moitas cousas interesantes sobre o mundo animal; entre outras, o feito de que o oso pardo, aparentemente impoñente e temido, prefire manterse a unha distancia prudencial dun certo animalciño miúdo… A obra presentásenos con dúas ofertas distintas, mais complementarias, de achegamento de información: a) a tradicional, co formato dunha enciclopedia, que dá a coñecer algúns dos animais máis habituais nestes biótopos; b) un modelo de tobo, con páxinas troqueladas, no que os seus habitantes non informan de forma simpática e divertida o seu particular modo de vida.