Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Wednesday, May 22 and Wednesday, June 05.
You will receive it anywhere in United States between 1 and 3 business days after shipment.
Bioloxía e Xeoloxía. 4 Eso. Celme
Emilio Pedrinaci,Concha Gil Soriano,José Antonio Pascual Trillo
Synopsis "Bioloxía e Xeoloxía. 4 Eso. Celme"
En Xerme Edicións sabemos que educar é facer crecer. A educación, como o celme, nutre, é a esencia, xera vida e está en constante renovación. Presentámosche Celme: un proxecto global para todas as etapas educativas sustentado nun sólido modelo de educación en valores, en cuxo eixe está o alumno. Un proxecto que nace desde a vocación de servizo e apoio ao profesor na súa tarefa, dotándoo dos recursos idóneos para o seu día a día. É o reflexo do noso compromiso coa educación a través da introdución flexible de novas metodoloxías e tecnoloxías eficaces para a mellora da calidade educativa. As claves de Celme: - COMPRENDER PARA APRENDER: Porque a comprensión é a clave da aprendizaxe, en Celme desenvólvense diferentes mecanismos que axudan ao alumno a interiorizar e integrar os contidos: contextualización dos contidos, actividades prácticas e próximas e aprendizaxe experiencial. - CONSTRUCIÓN DA PROPIA APRENDIZAXE: O alumno inicia a súa aprendizaxe a través de actividades de carácter manipulativo. - ATENCIÓN AOS DISTINTOS RITMOS E ESTILOS DE APRENDIZAXE: propostas específicas de atención á diversidade para cada unidade didáctica. Os materiais desenvolvidos para atender a diversidade dos alumnos e os programas específicos que se ofrecen adaptan os contidos aos distintos niveis e estilos de aprendizaxe, posibilitando así a educación personalizada. - APOIO AO PROFESOR: Recursos prácticos e eficaces que facilitan o traballo diario na aula. - INNOVACIÓN METODOLÓXICA: programas de innovación que poden integrarse dun modo natural na dinámica habitual da aula ao ritmo e alcance que cada profesor e centro desexen: Aprendizaxe cooperativa, Aprender a pensar e Intelixencias múltiples. - APRENDER A SER E A CONVIVIRA: O proxecto Celme dá un novo impulso á educación en valores, outorgándolle un papel protagonista. Todas as unidades conceptualízanse arredor dun valor, seguindo unha programación a través das diferentes etapas