Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Tuesday, July 02 and Tuesday, July 16.
You will receive it anywhere in United States between 1 and 3 business days after shipment.
cepillo e outros contos (in Galician)
pere calders
Synopsis "cepillo e outros contos (in Galician)"
o libro contén cinco relatos cunha característica común: en todos eles haí unha visión absurda dalgún aspecto da sociedade actual, tratado sempre con ironía e humor. cepillo , conta a historia dun neno a quen seus país deixan sen o can que tiña. entón, o neno decide verte-lo seu afecto con algún obxecto do fogar. decídese por un vello cepillo que atopa no faio. pola noite déitase con el e descobre que o cepillo se transformou nun can cheo de vida. os país rin del, non llo cren, ata que un ladrón entra na casa e conseguen librarse gracias ó can-cepillo, que se lanza sobre el trabándoo nunha perna. o segundo relato é a árbore doméstica . o protagonista descobre abraiado que na sala da súa casa medrou, da noite para a mañá, unha grande árbore. vai á policia, pero alí convénceno de que debe facer como que non pasa nada. o espírito guía é o terceiro relato. o protagonista recibe a visita dun fantasma que o avisa de que un tren vai descarrilar. el trata de da-lo aviso para evita-lo accidente, pero atópase cos atrancos burocráticos e desiste. a hedrera helix : o protagonista merca unha estraña planta rubideira, para agasallar unha amiga. pero a planta medra con moita rapidez e durante o traxecto á casa, a planta dá en medrar e medrar, rodeándolle o corpo. frouxidade de carácter é o relato que pecha o libro. unha noite, o narrador descobre que hai un ladrón roubando na súa casa. póñense a falar, e o ladrón cóntalle que el se viu na obriga de dedicarse a iso se quería chegar a ser algo na vida, xa que sendo bo todos facían burla del.