Libros bestsellers hasta 50% dcto  Ver más

menu

0
  • argentina
  • chile
  • colombia
  • españa
  • méxico
  • perú
  • estados unidos
  • internacional
portada no ventre do silencio (in Galician)
Type
Physical Book
Language
Galician
Pages
192
ISBN
8483023695
ISBN13
9788483023693

no ventre do silencio (in Galician)

X. L. Méndez Ferrín (Author) · edicións xerais · Physical Book

no ventre do silencio (in Galician) - x. l. méndez ferrín

New Book

$ 29.70

$ 49.50

You save: $ 19.80

40% discount
  • Condition: New
Origin: Spain (Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Monday, June 10 and Monday, June 24.
You will receive it anywhere in United States between 1 and 3 business days after shipment.

Synopsis "no ventre do silencio (in Galician)"

ao xeito dunha nova casa da troia, a coñecida novela de pérez lugín, no ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50. desta intención do autor dan fé as citas coas que se inicia a novela: “cada xeración deberá fabricar a súa cidade” (antonio sant´elia) , “permitín á cidade entrar na miña mente” (john barnie). o núcleo da trama xira ao redor das peripecias dos catro “troianos redivivos” (lobariñas, de vilanova de cerveira e lisardo leira pazó de ferrol, que vivián na pensión da rúa troia 12, 3º; príncipe de ourense e alberte comesaña de vigo, aos que se une o estudiante santiagués luis alvite, o brétemas) e dos acontecementos acaecidos na universidade compostelana durante dous cursos académicos, que coinciden co levantamento nacionalista de hungría en 1956.
no ventre do silencio, reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio. alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media ilustrada, estrato popular –leiteiras, costureiras, criados, prostitutas- ou a canalla fascista, no ventre do silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista incardinado na tradición europea de j.p. sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo.
no ventre do silencio é unha novela sen concesións, rebordante de imaxes, sons e aromas. a extraordinaria riqueza das descricións, a evocación da atmosfera da época, a creación lucidísima de imaxes, as homenaxes literarias do autor (dámaso alonso, torrente ballester, m. proust), a extensa galería de personaxes, o manexo de diversas técnicas narrativas, o dominio dunha linguaxe prodixiosa, fan de no ventre do silencio un dos cumes da narrativa contemporánea. unha novela coral que pecha o século.

Customers reviews

More customer reviews
  • 0% (0)
  • 0% (0)
  • 0% (0)
  • 0% (0)
  • 0% (0)

Frequently Asked Questions about the Book

All books in our catalog are Original.
The book is written in Galician.

Questions and Answers about the Book

Do you have a question about the book? Login to be able to add your own question.

Opinions about Bookdelivery

More customer reviews