Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Friday, May 17 and Friday, May 31.
You will receive it anywhere in United States between 1 and 3 business days after shipment.
O libro das viaxes imaxinarias (Infantil E Xuvenil - Milmanda)
Xabier P. DoCampo
Synopsis "O libro das viaxes imaxinarias (Infantil E Xuvenil - Milmanda)"
o libro das viaxes imaxinarias, escrito por xabier p. docampo e ilustrado por xosé cobas, contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitados ou a identidade do seu autor. cadernos nos que se recollen dous tipos de textos: descrición das cidades e reinos visitados e apuntamentos e debuxos que tomou o viaxeiro, xunto con algún textos reflexivos máis íntimos. “todas as viaxes son un regreso. calquera viaxeiro retornará á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela. hai que volver para contar, para facer da viaxe relato.” “viaxar é ir ao encontro do que nos emociona na súa contemplación e diante do que abandonamos todo desexo de posesión, porque o gozo está en recibírmolo de xeito gratuíto. así comeza este libro inusualmente fermoso de formato esvelto, que nos propón, coma fixera calvino, unha viaxe por lugares imaxinarios, na que acompañaremos ao viaxeiro percorrendo cidades, camiños, montañas e coñecendo as súas xentes. cadernos de viaxe evocadores e poéticos que nos propoñen, tamén, unha viaxe ao interior de nós mesmos, que nos trasladan a mundos imaxinados reais e fantasiosos, uns relatos que nos invitan a gozar do pracer da lectura.