Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Tuesday, June 18 and Tuesday, July 02.
You will receive it anywhere in United States between 1 and 3 business days after shipment.
Viches o León? (in Galician)
Armando Quintero
Synopsis "Viches o León? (in Galician)"
—Viches o león? –preguntou a ra–. Tráiolle unha carta que recende a herba e a flores frescas. A través desta fórmula, cargada de lirismo, que a ra repite a cada un dos animais cos que se atopa, este álbum completa páxina a páxina unha especie de crebacabezas de criaturas da selva, cuxas respostas se converten en pequenas pistas. Nelas revélanse detalles que levarán ao incansable anfibio a dar co paradoiro do león, ao tempo que incrementan a súa curiosidade, a dos habitantes da selva e tamén a do lector por descubrir o motivo polo que só corre e corre; nin caza nin come e, sobre todo, a súa fixación por alcanzar a Lúa. O escritor uruguaio-venezolano Armando Quintero ten unha longa e recoñecida traxectoria como narrador oral. Esta experiencia é evidente na tensión narrativa que constrúe en Viches o león?, álbum que supón a súa segunda colaboración con OQO tras inaugurar con Caracois a colección para primeiros lectores nanOQOs. O estraño comportamento do león intriga a todos: alcanzar a Lúa semella a pretensión dun tolo ou a proeza dun namorado. Co obxectivo de reflectir o seu desconcerto, a ilustradora Géraldine Alibeu presenta os animais da selva en actitudes estáticas e reduce ao límite a paleta de cores. Así, transmite a incapacidade destes, incluída a ra, para explicar o que lle está a suceder ao león e que temen trastornado. Pola contra, Alibeu reserva para o león as ilustracións en movemento e con maior cromatismo. Deste modo, busca crear unha atmosfera na que se respire a súa urxencia e o motivo amoroso da mesma. Ademais, estas imaxes non teñen texto, co que o lector debe entrar no terreo das suposicións para desentrañar o que lle ocorre ao turbado Rei da Selva. A ilustradora francesa súmase ao xogo de que o lector sexa un máis neste periplo investigador e poida recoñecerse, como se fose o seu alter ego nese pequeno nativo masai de constante presenza no libro. Este neno segue o devir da historia relaxado e feliz pero moi atento, como todos os que se mergullen nesta colaxe plástica e narrativa que amosa como as máis fermosas demostracións de amor non esixen épicas fazañas. Texto de